Para crianzas
Os libros dirixidos a estas faixas de idade (0-3 / 4-6 anos) son interactivos e estimulan os sentidos divertindo.
Cada un deles ten unha función pedagóxica e de interacción familiar concreta.
Axudan a mellorar a coordinación viso-motriz; preparan a cativos e cativas para o sono; axudános a coñecer a súa contorna mediante a diversión do xogo; experimentan co tacto as formas e as texturas e coa vista a diferenciación das cores; achéganos aos números, ás letras e os conceptos e en conxunto son elementos principais para mellorar a psicomotricidade fina.