Infantil prelectores

O desenvolvemento sensorial e psicomotriz constitúen as canles polas que nenos e nenas reciben a información da súa contorna (as cores, as formas, cheiros, sabores, sons, etc…), e do seu propio corpo (sensacións de fame, frío, posicións do corpo no espazo….).A partir destas informacións o neno poderá dar respostas adaptadas ás condicións do medio, é dicir, realizará accións intelixentes.

Conscentes da escaseza de materiais en galego para ese ciclo inicial de 0-5 anos, os libros de Engaiolarte para primeiros lectores guíanse por estes principios e fan tamén unha primeira aproximación ao mundo material do libro e ás palabras en galego, sabedores de que nestas primeiras idades prodúcense tamén vínculos afectivos de grande importancia con diferentes obxectos.

Mostrando tódolos 2 resultados