Descripción
Os textos teatrais de Xohana Torres son alfaias que permanecian inéditas desde hai máis de 50 anos. Os ollos de Ruth guíannos por unha trama na que están presentes a especulación urbanística, o caciquismo, a colonización turística, a emigración e o desarraigo.
PRENSA
Ana Romaní entrevista en Diario Cultural a Xan Carballa e Xosé Luís Méndez Ferrín, que explican a importancia da reedición do teatro de Xohana Torres e por que era un fito persoal importante para a autora.
Destacan tamén a perdurabilidade temática das súas obras máis de 50 anos despois da súa creación.
Marilar Aleixandre escrebe no Diario Nós sobre a Biblioteca Xohana Torres creada por Engaiolarte e a importancia de manter a obra viva.