Descripción
Hai uns poucos anos na fermosa Galandia da Banda Esquerda, pasou a guerra. Un mundo de xente fuxiu polo Río á procura da outra banda abandonando os eidos aos invasores. Unha das alfaias teatrais de Xohana Torres inéditas desde hai 50 anos.
PRENSA
Ana Romaní entrevista en Diario Cultural a Xan Carballa e Xosé Luís Méndez Ferrín, que explican a importancia da reedición do teatro de Xohana Torres e por que era un fito persoal importante para a autora.
Destacan tamén a perdurabilidade temática das súas obras máis de 50 anos despois da súa creación.
Marilar Aleixandre escrebe no Diario Nós sobre a Biblioteca Xohana Torres creada por Engaiolarte e a importancia de manter a obra viva.