Rúa Álvaro Cunqueiro 20A,  entr. dta.  l  36211 Vigo   l   engaiolarte@gmail.com 


LIBROS       AUTORES/AS        PARA CRIANZAS           ONDE MERCAR





Aira Editorial e Engaiolarte Edicións chegamos a un acordo para producir un dos máis

relevantes proxectos editoriais dos últimos anos: o Dicionario da   Comida Galega, de Xavier Rodríguez Baixeras.


Trátase dun traballo único e singular nas culturas peninsulares.


Un libro necesario, que reúne por primeira vez nun mesmo volume, profusamente ilustrado, un esforzo

de recuperación lingüística clave para unha cultura como a galega, restaurando conceptos, explicándoos,

situándoos no centro dunha realidade produtiva e gastronómica chea de referencias

e de gran proxección cultural e económica.


O Dicionario da Comida Galega consta de máis de 1000 entradas sistematizadas alfabeticamente, con explicacións filolóxicas, alimentarias, científicas e literarias, 600 páxinas e 1500 fotografías.


Máis que un grande manual de consulta, o Dicionario da Comida Galega tamén é un traballo diferente e de referencia para gorentarse cos sabores e os saberes, polo simple pracer da lectura e a evocación e que será de obrigada presenza en

todas as entidades relacionadas coa cultura, a alimentación e a gastronomía.


O Dicionario da Comida Galega é tamén o trinque dos produtos propios do agro, a pesca e a industria da alimentación,

que se converte nun baluarte e un impulsor dun sector que proxecta a imaxe e a economía de Galicia no mundo.


Diversas empresas e institucións colaboraron na saída desta obra: Coren, Clun-Feiraco, Gadis, Terras Gauda, Concellos

do Porriño e Compostela, Conservas Albo, Galicia Calidade, Amendoados Fina Rei, Deputación de Lugo, 

Ternera Galega, Consello da Cultura e diferentes Denominacións de Orixe.

N O V I D A D E