Título:  O ouro de Ourense

Autor:  Bieito Iglesias

               Xulio Gil


Páxinas: 216  Formato: 20x21

ISBN:  978-84-944792-0-5

Prezo:  29 €

(MÁIS INFORMACIÓN)

Rúa Álvaro Cunqueiro 20A,  entr. dta.  l  36211 Vigo   l   engaiolarte@gmail.com   l   606 804158


LIBROS       AUTORES/AS        PARA CRIANZAS           ONDE MERCAR


Título: Elexías a Lola

Autora: Xohana Torres



Páxinas: 72  Formato: 21x22

ISBN:  978-84-944792-9-8

Prezo:  17 €

(MÁIS INFORMACIÓN)

Xohana Torres está considerada pola comunidade literaria galega  como unha das súas máis importantes escritoras contemporáneas,. Aínda hoxe permanece creativa, como amosa este poemario, Elexías a Lola, publicado despois de moitos anos de silencio

editorial. Aquí recolle un dos seus textos emblemáticos, a

lembranza apaixoada da súa avoa Lola, e vísteo con novos poemas

dando lugar a un libro independente que, nas súas palabras, é unha “homenaxe a todas as avoas galegas”.

Da man do escritor Bieito Iglesias e do fotógrafo Xulio Gil, O ouro de Ourense entra nos lectores como un pé de vento, achegándonnos unha visión de Ourense que serve de roteiro histórico e de reportaxe social, ao tempo que a narración entretece anécdotas, acontecementos e explicacións miúdas sobre a que, para moitos, é a cidade galega máis literaria.


Título: Lugo, a cidade dos

           tesouros encantados

Autor:  Lois Diéguez

               Xulio Gil

Páxinas: 204  Formato: 20x21

ISBN:  978-84-942388-0-2

Prezo:  29 €

(MÁIS INFORMACIÓN)

A proposta literaria e visual desta obra é un orixinal xeito de entrar na realidade histórica, patrimonial e cultural de Lugo, percorrendo as súas rúas e deténdose na descuberta de tesouros que só aparecen á vista do visitante atento. En palabras de Felipe Senén, “o Lois Diéguez réndelle homenaxe a Lugo, ás súas paisaxes e paisanaxes, ao escenario e os autores e actores. Como un novo e ilustrado Ciprianillo feito á medida de Lugo, complementado con fotografía de Xulio Gil, con cartografía e incluso con plano dos tesouros da cidade”.


Título: Conversas

           con Xavier Vence

Autor: Xan Carballa


Páxinas: 216  Formato: 16x17

ISBN:  978-84-942388-4-0

Prezo:  15 €

(MÁIS INFORMACIÓN)

Co subtítulo Temos dereito a un futuro distinto, esta longa entrevista é unha aproximación biográfica a unha persoa ben coñecida no mundo universitario e do ensaio económico, e que entre 2013 e 2016 foi portavoz nacional do BNG. Vence percorre as distintas etapas do nacionalismo contemporáneo, as causas da crise económica e institucional actual e vincula o horizonte da soberanía para Galicia como a saída máis realista.


Título: Tomiño,

           pedra, auga e vida

Autor:  Eliseo Alonso

               Xulio Gil

Páxinas: 96  Formato: 20x21

ISBN:  978-84-942388-3-3

Prezo:  18 €

Sobre unha escolma de textos e poemas de Eliseo Alonso (Goián, 1924 / A Habana, 1996) e  o fotógrafo Xulio Gil (Ourense, 1954), Premio da Crítica das Artes Visuais e Plásticas en 2013, constrúen este traballo que interpreta a realidade territorial, patrimonial e artística deste  concello capital do Baixo Miño.