Rúa Álvaro Cunqueiro 20A,  entr. dta.  l  36211 Vigo   l   engaiolarte@gmail.com   l   606 804158


LIBROS       AUTORES/AS        PARA CRIANZAS           ONDE MERCAR

Bieito Iglesias.


Ourense, 1957. O autor exerce de cazador de bolboretas, de efémeras actualidades que os lectores poden atopar desecadas nas columnas de A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial, Galicia Internacional, Tempos Novos... Tamén é responsable da dobraxe ó galego de certas voces victorianas: Biblioteca Sherlock Holmes (1995-1997, nove tomos). Todo isto a partir dos 30 anos. Antes estivo moi ocupado en nacer e criarse nos bairros ourensás de Quintián e A Chavasqueira, ó pé do Miño, dos ciganos, dos labregos transplantados dos Chaos de Amoeiro e de Brunilda (nome co que se coñece o virus da poliomelite). Seguir lendo autobiografía e datos da súa obra.

Xulio Gil.


Ourense, 1954. Veciño de Vigo, matemático e fotógrafo galego. De pai vigués, viviu a infancia e a adolescencia na Rúa Aragón da cidade de Vigo. Estudou Enxeñería para logo pasar a Matemáticas. En Santiago de Compostela coñeceu ao arqueólogo Antón Rodríguez Casal, que lle transmitiu a paixón pola prehistoria que o levou a comezar a relación co mundo da arte.

Expuxo por primeira vez en 1976 na Praza da Princesa de Vigo. Ten obra súa a Colección Afundación e o Museo de Pontevedra. Foi premio da Crítica en Artes Plásticas e Visuais no ano 2013. Aquí pode obter máis datos sobre a súa extensa obra editorial e fotográfica.

Xan Carballa.


Vigo, 1960. Fotógrafo en A Nosa Terra desde a súa fundación, a finais de 1977, incorporouse á redacción do semanario, como xornalista, en abril de 1982. Entre 1984 e 1996 coordinou os suplementos monográficos A Nosa Cultura, dedicados aos principais autores da nosa literatura. Entre 2004 e 2006 foi director de Edicións A Nosa Terra e de 2007 a 2010 subdirector do semanario. É coautor, con Santiago Prol, do libro Conversas con Francisco Carballo (A Nosa Terra, 2002). En 2012 saiu na Editorial Galaxia Biografía de Valentín Paz-Andrade e Antoloxía de VPA. Máis información neste enlace.

Eliseo Alonso.


Tomiño, 1924 - La Habana, 1996. No 1950 emigrou a Buenos Aires e traballou na prensa da Arxentina. Colaborou tamén na prensa galega da diáspora. Á volta a Galicia seguiu colaborando na prensa americana, na española e na galega, especializándose en temas de caza e pesca. É autor de varios libros en castelán sobre a súa terra natal así como dalgunhas narracións, os Contos do Miño (1955), a novela A rúa do noxo (Galaxia, 1977) e o libro de relatos para nenos Reiciñeira(1981), que contén contos narrados inicialmente para a súa filla. Máis información neste enlace.

© Xan Carballa

© María García

© X.E. Acuña

© Sara Recondo

Lois Diéguez.


Monforte, 1944. Estudos de bacharelato na súa cidade natal e de Enxeñeiro T. Topógrafo en Madrid, profesión que exerceu no Concello de Lugo durante 37 anos. Foi deputado polo BNPG/PSG na primeira lexislatura do Parlamento Galego.


Ten un amplo campo de traballo como colaborador de xornais e revistas (El Progreso, A Nosa Terra, Terra e Tempo...), na Radio (Galicia Sempre), como compoñente do grupo poético Círculos Líticos en realización de espectáculos culturais, ou como presidente de Lugo-Patrimonio na defensa do noso Patrimonio material e inmaterial. Activo conferenciante tanto no noso país como fóra del e inquedo viaxeiro por países de África, Europa e Asia. Autor múltiple de narrativa, poesía, libros de viaxe, aquí podes consultar máis datos sobre a súa obra.

Xohana Torres.


Nacida en Ferrol, viviu sucesivamente na Coruña e Vigo para  recalar finalmente no concello de Nigrán, onde construíu a casa familiar e viviu durante varias décadas, ollando o Atlántico desde a

ladeira de Monteferro, unha visión que ten deixado fonda pegada na súa voz literaria.

Poeta, dramaturga e novelista, Xohana Torres ten percorrido todo o abano literario. A escritora que no seu discurso de entrada na Academia Galega afirmou “as mulleres sostemos a metade do ceo” é un punto de referencia polo seu compromiso desde moza co sostemento e a difusión da lingua e a cultura do país, nun tempo en que as dificultades políticas e de difusión eran máximas. Aínda que sempre mantivo un perfil público baixo, a importancia da súa obra é unanimemente recoñecida por toda a crítica. Aquí podes consultar máis datos sobre a súa obra.


Retrato de Xohana Torres realizado por Laxeiro